Pouco marisco e prezos baixos na apertura da campaña da ameixa

    aperturaameixaribeira100.jpgRIBEIRA> A campaña marisqueira non puido comezar peor. A escaseza de marisco fixo que algúns traballadores nin sequera puideran acadar o tope

    {flowplayer}barbanza/aperturaameixaribeira.flv{/flowplayer}

    Os mariscadores de Ribeira non lembraban un inicio de campaña tan desastroso. Os ó redor de douscentos cincuenta profesionais que faenaron nas concesións comprendidas entre Pedra Pateira e Castiñeiras víronse en serias dificultades para apañar os topes. 

    A cotización tampouco axudou. Dos mil cincocentos quilos subhastados esta tarde, as partidas de maior tamaño non superaron os vinte e nove euros, cando en campañas anteriores teñen chegado a sobrepasar amplamente os corenta. En canto ó marisco pequeno quedouse roldando os 12 euros.

    Os profesionais non atinan a dar coas causas da escaseza de bivalvo aínda que consideran que a acción dos furtivos unida á escaseza de cría poden estar detrás deste mal arranque.

    Á espera de ver como discorren as próximas semanas e pendentes da apertura dos bancos da Insua e Coroso as expectativas para o que resta de campaña, ata o mes de marzo, son ben pesimistas.

    Redacción Barbanza