![]()
BOIRO> Despois de máis de oito meses de duras negociacións, o executivo boirense e a empresa SIDECU chegaron a un acordo. A firma deixa a concesión e indemnizará ó concello co pago duns 189 mil euros.
{flowplayer}barbanza/acordopiscinaboiro.flv{/flowplayer}
O alcalde Xoán Xosé Dieste comparecía ante os medios coa totalidade do expediente da piscina municipal. Tres grandes arquivadores nos que se recolle toda a documentación existente dende que se iniciou o conflito, aló polo mes de xullo de 2012. Foron oito meses de duras negociacións coa empresa SIDECU, encargada da xestión do complexo deportivo, pero que ó final, e despois de tanto agardar, supuxeron unha boa nova para o concello xa que a firma do acordo supón importantes vantaxes para o concello.
Novo concurso
O acordo deberá ser ratificado en pleno. Unha vez realizado este trámite, iniciarase un proceso que levará á licitación dun novo concurso de xestión e explotación da piscina.
Numerosos usuarios
A nova dará tamén solución ós centos de usuarios que actualmente deben desprazarse a outros concellos veciños para poder disfrutar deste servizo.
Finais do verán
Dende o equipo de goberno confían en que poida estar rematado a finais do verán, previsiblemente no mes de outubro.
Redacción Barbanza








