Detida unha veciña da Estrada por unha ciberestafa a unha tenda de electrodomésticos de Boiro

BOIRO> A Garda Civil tivo coñecemento do caso a raíz da denuncia realizada pola vítima no cuartel, na que aseguraba que a agora detida lle realizara unha compra de varios electrodomésticos por un valor duns cinco mil euros e tamén dúas televisións e unha aspiradora, valorados en preto de outros mil.

Ó parecer simulaba ter feito unha transferencia co seu teléfono móbil ó número de conta facilitado polo denunciante.

Tras a investigación e a comprobación dos feitos, os axentes procederon á detención desta muller coma presunta autora dun delito de estafa e a recuperación dos electrodomésticos, que xa foron entregados ó seu propietario.