![]()
VILAGARCÍA> Modesto Pose di dos candidatos ás Cortes por Pontevedra que son ‘xente confiable’ fronte ós ‘acordos para repartirse botíns’ que fan os populares.
{flowplayer}images/salnes/CANDIDATOS_PSOE_CONGRESO_SENADO2011.flv{/flowplayer}
Poñer en práctica unha austeridade intelixente e recuperar o estado de benestar cuns servizos públicos universais e gratuítos. Esta é a carta de presentación dos candidatos pola provincia de Pontevedra ó Congreso e ó Senado. ‘Xente confiable’, di o seu secretario provincial, Modesto Pose, que traballarán ó servizo da cidadanía, fronte ós que ‘fan acordos para repartirse botíns con recursos públicos’. Refírese Pose ós cambios na corporación municipal de Vilagarcía, co pacto PP-IVIL a cambio da inclusión do independente José Luís Rivera Mallo nas listas do PP ó Senado.
Os socialistas aseguran presentarse para loitar contra os recortes en educación, a privatización da sanidade pública ou a merma das prestacións sociolaborais. Políticas, que segundo o PSOE, se implantarán de chegar o PP ó poder, tal e como está a facer, din, nas comunidade e concellos nos que gobernan os populares.
Carmela Silva lidera a lista ó Congreso seguida do parlamentario Guillermo Meijón e o alcalde da Illa Manuel Vázquez en postos de saída xunto a Eva García de la Torre, María Luz Santiago , Nicolás González e Rocío Bernárdez. A candidatura ó Senado vai encabezada por Ángeles Marra, seguida de Belén Louzao e Gregorio Agís.
Redacción Salnés









