O Partido Popular foi o gran vencedor das eleccións no Salnés gañando en 6 dos 9 concellos

SALNES> O Partido popular foi o gran triunfador na comarca do Salnés. A formación conseguiu a maioría absoluta en Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova e consegue ser a forza máis votada na Illa, en Cambados e en Vilagarcía. En Meaño, o gran vencedor foi o expopular Carlos Viétez agora con Veciños de Meaño.

O Partido Popular foi o gran vencedor das eleccións municipais na comarca do Salnés con 25.458 votos entre os nove concellos. A formación contaba tralas eleccións do 2019 con dúas maiorías absolutas que revalidou nestes comicios: Sanxenxo e Vilanova.
En Vilanova, Gonzalo Durán conseguiu a súa sétima vitoria nas urnas pasando dos 10 aos 12 concelleiros. A corporación completarase con PSdeG que perder dous edís ata os 3. Bng mantén a súa representación e entra no pleno municipal Renova Vilanova.

En Sanxenxo, Telmo Martín mantivo o seu liderado na vila. O rexedor repite con 10 edís e 4857 votos, preto de 200 máis que nos anteriores comicios. A corporación completarase co PSdeG e BNG que conseguen un concelleiro máis subindo ata os 4 e 3 edís respectivamente.

A formación popular tamén consegue recuperar a maioría absoluta en Ribadumia. Con David Castro ao fronte trala unión cos independientes, o partido ascendeu dos 3 aos 7 edís. O PSdeG ascende de un a tres concelleiros e mantén a representación Somos Ribadumia. Entran no pleno BNG e Xuntos por Ribadumia.

Un dos concellos onde os populares non repiten o mesmo éxito que nas pasadas eleccións é en Meaño. Trala expulsión de Carlos Viétez da formación, o actual rexedor creou o seu propio partido, Veciños de Meaño que foi o gran triunfador da vila cunha maioría absoluta incontestable con 8 edís. Meaño Independiente baixa dos 5 aos 3 edís e o PP consegue tan só un representante, ao igual que o BNG que entra na corporación, o PSdeG perde a representación da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí