Cambados supera a primeira xornada do Albariño con multitudes e sen incidencias

CAMBADOS> Cambados xa leva case 48 horas mergullado na Festa do Albariño e, a pesares do multitudinario da celebración, todo está a transcorrer sen incidentes.

Xa o día de onte estivo marcado polo éxito de público. Milleiros de persoas achegáronse dende a inauguración aos stands do Paseo da Calzada; unha afluenza que non diminuíu nas actuacións da Praza do Concello e de Fefiñáns da noite, a pesares de ser día laborable.

Dende o concello cren que o selo de Interese Turístico Internacional pode ser un novo atractivo para unha cita que de por si ten un importante arraigo na contorna.

Fátima Abal tamén adiantou que este ano o concello manterá a recepción oficial na casa consistorial aos representantes das tres marcas que resulten premiadas na Cata Concurso do Albariño. Os gañadores daranse a coñecer tralo Xantar do domingo.