O escritor J.J.M. Veiga busca micromecenas para a súa nova novela

MEIS> “La apatía de los idiotas”. Este é o título da que podería ser a nova novela do escritor pontevedrés Juan José Míguez Veiga. A obra esta escrita, pero para que vexa a luz precisa do apoio de, alomenos, 55 persoas. Trátase dun novo modelo de crowdfunding polo que apostan moitas editoriais.

Este é o argumento de “La apatía de los idiotas”, a que podería ser a nova novela do escritor Juan José Míguez Veiga. Pero para que vexa a luz, este pontevedrés afincado en Meis precisa do apoio dos lectores.

A través dunha web, este escritor precisa demostrar que alomenos 55 persoas están interesadas na súa novela. Dende hoxe, ten un prazo de quince días para conseguilo.

Enxeñeiro de profesión, a lectura e a escritura son a súa paixón dende os 8 anos. En “La apatía de los idiotas”, aposta por mesturar o realismo sucio co máxico.

O mundo editorial non é descoñecido para Juan Míguez. No 2010 publicou a súa primeira obra, unha novela de ciencia ficción titulada “Las montañas del olvido”. En 2015 volveu apostar por este xénero con “El reflejo dorado”, para no 2016 publicar unha novela negra “Cuando el destino nos alcance el maíz seguirá creciendo”. Agora agarda conseguir o apoio para que “La apatía de los idiotas” chegue tamén ás librerías.

Comments are closed.