![]()
MADRID> Municipios de ambas marxes da ría asistiron á Feira Internacional de Turismo baixo o paraugas de Turgalicia.
{flowplayer}images/salnes/PRESENTACIONS_FITUR_OK.flv{/flowplayer}
Como cada ano, Arousa tivo un oco en FITUR, o maior escaparate de turismo a nivel nacional. Baixo o paraugas de Turgalicia, alcaldes do Salnés e Barbanza asistiron a esta Feira onde puideron amosar as singularidades do seu territorio. Tal e coma destacou a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina Gónzalez, unha gran oportunidade para darse a coñecer.
Catalina González recibiu, ademais, o galardón que certifica ó concello como destino turístico de excelencia para a práctica de deportes e actividades náuticas. O fixo xunto ós rexedores locais de Cambados e O Grove.
Pola súa banda, a Mancomunidade do Salnés e a de Arousa Norte tiveron os seus propios actos dentro da axenda de Galicia. Os primeiros para presentar a variante espiritual ó camiño de Santiago Portugués. Os do Barbanza, pola súa banda, promocionaron diferentes paquetes turísticos.









