Vilaxoán agarda a actuación de Portos de Galicia para reformar o seu deficiente centro sociocultural

VILAGARCIA> A veciñanza de Vilaxoán pendente de Portos de Galicia para arranxar o centro socio cultural. O concello xa mandou un proxecto ao ente autonómico cun orzamento de 90 mil euros. As instalacións atópanse con pingueiras que dificultan a celebración de actos.

A veciñanza de Vilaxoán tivo que celebrar un entroido pasado por auga. A festa organizada no centro sociocultural da vila viuse afectada por numerosas pingueiras que condicionaron o acto. A falta de mantemento está provocando numerosos danos no centro.

O mal estado das instalacións complica a celebración das diferentes actividades que acolle o centro.

O concello presentou a Portos de Galicia un proxecto de reforma do centro cun orzamento de 90 mil euros. Sen a autorización do ente autonómico non se pode levar a cabo.

A asociación de veciños pide a Portos de Galicia sentido común e garantías para que o centro funcione correctamente.

De continuar neste estado, a veciñanza de Vilaxoán lamenta que os día de choiva van a ter que cancelar as actividades. Polo de agora continuarán agardando e protestando mentres Portos non se involucre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí