Queixas polas obras de mellora na praza Uxío Novoneyra

    obrasprazauxionovoneyra.jpgRIBEIRA> Os propietarios do garaxe existente baixo a praza quéixanse dos danos que se están a producir nos seus vehículos estacionados no  interior do parquing.

    {flowplayer}barbanza/obrasprazauxionovoneyra.flv{/flowplayer}

    Segundo os propietarios dos vehículos estacionados no seu interior, as obras están a provocar graves deficiencias na estrutura do mesmo, provocando continuas filtracións de auga, que mesmo chegaron a afectar a algún vehículo. Ante esta situación decidiron poñerse en contacto co concello, promotor da actuación, e mesmo chegaron a presentar unha queixa por escrito, que provocou a paralización temporal dos traballos. Segundo explicou o propio alcalde, Manuel Ruíz, unha das primeiras accións que se tomou foi a de substituír a maquinaria máis pesada por outra manual para evitar maiores danos.

    Redacción Barbanza