O PP presenta os seus candidatos ó Congreso e ó Senado

    candidatosppbarbanza.jpgBARBANZA> Antonio Pérez Insua, portavoz dos populares en Noia, irá no posto número seis ó Congreso, mentres que Xosé Luís Torres Colomer, repetirá como número dous por esta provincia ó Senado.

    {flowplayer}barbanza/candidatosppbarbanza.flv{/flowplayer}

    Acompañado dos alcaldes e portavoces do Partido Popular de toda a comarca, o Secretario de Organización e coordinador de campaña, Xosé Manuel Álvarez-Campana, presentou esta mañá ós candidatos do Barbanza que forman parte das listas ó Congreso dos Deputados e ó Senado pola provincia da Coruña. Torres Colomer repetirá no posto número dous á cámara alta pola Coruña. O ex-rexedor ribeirés acompañarao Carlos López Crespo, alcalde de Outes, que ocupará unha das prazas de suplente. En canto ó Congreso dos Deputados, será Antonio Pérez Insua, portavoz do PP en Noia, que irá no postonúmero seis. Para Álvarez-Campana trátase de xente con moita experiencia que de seguro defenderán mellor que ninguén os intereses destas dúas comarcas, das máis puxantes de Galicia.

    Balance negativo

    O Secretario de Organización do PP tamén se refiriu á herdanza deixada nas dúas últimas legislaturas por parte do goberno de Zapatero, tildándoa de escasa e nalgúns casos inexistente, poñendo como exemplo a falla de atención a sectores produtivos tan importantes como o pesqueiro e o gandeiro.

    Redacción Barbanza