![]()
BARBANZA> A Conselleria de Sanidade anunciou durante unha visita ó Hospital do Barbanza a licitación durante este mesdas obras da unidade de condutas aditivas.
{flowplayer}barbanza/conselleirahospitalbarbanza.flv{/flowplayer}
A futura unidade de consultas aditivas, unha vella demanda do executivo ribeirés, verase por fin cumprida este mesmo mes de febreiro, coa licitación das obras. O futuro edificio albergará no mesmo inmoble, un centro de tratamento para persoas con problemas de saúde mental e tamén de atención a drogodependentes. O orzamento total previsto para esta actuación ascende a máis dun millón de euros.
Con anterioridade, a Conselleira de Sanidade realizou unha visita polas instalacións do centro hospitalario, para comproba-las obras levadas a cabo nos últimos meses, despois da súa integración no Servizo Galego de Saúde.
Entre as melloras realizadas figuran a climatización da zona de hospitalización, ata agora inexistente, a substitución e ensanchemento das portas das habitacións para adaptarse á normativa vixente ou mesmo a execución dun novo arquivo de historias clínicas.
Máis servizos
María Xosé Rubio destacou tamén o importante aumento do orzamento do hospital nestes últimos anos, ata situarse nos 22 millóns de euros, que posibilitou o aumento da carteira de servizos, coa creación de catro consultas de alta resolución en varias especialidades, a adquisición dun TAC e dunha sala de radioloxía, así como o incremento do cadro do persoal en 61 profesionais máis.
A titular de Sanidade amén se referiu á reducción no tempo medio de espera para intervencións cirúrxicas e consultas externas. Aproveitouse tamén a visita da Conselleira de Sanidade para presenta-la nova UVI móbil, totalmente medicalizada, que virá a mellora-los servizos que se prestan neste centro hospitalario para o traslado de pacientes ó hospital de referencia, neste caso o Clínico de Santiago.
Redacción Barbanza










