A mostra de fotografías de Ruth Matilda Anderson chega a Rianxo

    RIANXO> A exposición, froito dun convenio a tres entre ABANCA, Afundación e o propio concello rianxeiro, poderá visitarse no auditorio municipal a partir do próximo día 20 de xuño. Despois de percorrer anteriormente outros concellos de Galicia, como é o caso de Vilagarcía, a exposición ‘Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia’ chegará a Rianxo. Farao o próximo día 20 deste mes. Data na que está prevista a súa inauguración. Esta mañá procedíase á sinatura do convenio de colaboración entre Abanca, Afundación e o propio Concello. Segundo explicou a coordinadora da área de Cultura de Afundación, Marité Cores, a mostra recolle unhas 70 instantáneas que a fotógrafa norteamericana realizou durante a súa viaxe de investigación a Galicia entre os anos 1924 e 1926. O alcalde, Adolfo Muíños, agradeceu tanto a Abanca como Afundación, o ter pensado en Rianxo para poder acoller esta exposición, animando, de paso a visitala, dado a súa importancia ó constituir un completo relato documental da nosa historia. A exposición permanecerá aberta ó publico no auditorio municipal durante un período dun mes.