Un debuxo infantil ilustrará as bolsas de Vilanova Centro este Nadal

debuxovilanova copia.jpg VILANOVA> Foi o gañador dunha iniciativa educativa realizada entre o colexio San Miguel de Deiro e a asociación.

{flowplayer}images/salnes/DEBUXOS_VILANOVA_CENTRO_141111.flv{/flowplayer}

Este é o debuxo que a partir de finais de mes ilustrará tódalas bolsas que entregarán os comerciantes de Vilanova Centro cada vez que alguén merque no seu establecemento. Foi a ilustración gañadora no concurso organizado entre o colectivo e colexio San Miguel de Deiro. A idea partiu do equipo de normalización da lingua galega do centro.

A iniciativa forma parte dun proxecto educativo no que participaron os 140 alumnos do centro. Moitos deles descubriron así que é e como funciona unha asociación de comerciantes. Unha forma diferente de promover o pequeno comercio nas parroquias do municipio.

As preto de 20.000 bolsas que se imprimirán co debuxo estarán dispoñibles nos comercios para a campaña de Nadal. Ademais da ilustración gañadora, outros dous cativos recibiron un segundo e terceiro premio polos seus traballos, galardóns que se entregaron esta mañá.

Redacción Salnés