BARBANZA> O documento orzamentario ascende a uns 184 millóns de euros, lixeiramente superior ó presente exercicio. Fíxoo grazas ós 17 votos fa favor de PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños, e coa oposición dos 13 votos en contra do Partido Popular, formación que veu ademais como caían as súas 24 emendas presentadas, ó considerar o goberno provincial que xa estaban contempladas nos presupostos, e suporían recortar en servizos fundamentais. Os orzamentos seguirán priorizando a área social, con preto de 12 millóns de euros de investimento. As partidas máis importantes irán destinadas ós distintos plans provinciais con máis de 72,6 millóns de euros, entre os que destacan o Plan Único, cunha dotación inicial de 47,2 millóns de euros, cos que se pretenden financiar obras e servizos públicos nos 93 concellos provincia.
Inicio BARBANZA