Protestas en Pontevedra tras un ano dende a aprobación da Lei de Taxas Xudiciais

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/taxas600_201113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/taxas_201113.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> Cúmprese un ano da entrada en vigor da Lei de Taxas Xudiciais. Con tal motivo o Consello Xeral da Abogacía convocou en toda España unha serie de concentracións. Unha delas tivo lugar en Pontevedra, ás 12 desta mañá, diante do edficio da Audiencia. Nela se volveu a demostrar o rexeitamento a esta norma. Unhas 300 persoas congregáronse diante do edificio da Audiencia de Pontevedra poara protestar pola Leide Taxas Xudiciais, cando se cumpre un ano dende a súa aprobación. Escoitáronse críticas ó goberno e ó ministro Gallardón polo que consideran unha lei restrictiva e que consecuentemente vulnera un dereito fundamental. Segundo os datos aportados polo Colexio de Abogados de Pontevedra, no último ano reducíuse un 24% a tramitación de causas xudiciais, e achácano directamente á Lei de Tasas, afectando deste xeito a 250.000 cidadáns que non puideron acudir á xustiza. Consideran dende o órgano colexiado, que non vai haber marcha atrás por parte do goberno. Tampouco son optimistas coa celeridade do Tribanal Constitucional á hora de resolver o recurso presentado pola Audciencia Nacional. Na conmcentración estiveron presentes o alcalde Fernández Lores, varios membros da corporación municipal, de sindicatos, xente anónima e por suposto membros do aparato xudicial. Unha lei de Taxas que conseguíu aglutinar na súa contra a estamentos moitos veces enfrentados.