A Deputación anuncia os galardoados nos Premios Provinciais á Cultura

    premios_Deputacioncopy.jpgPONTEVEDRA> Na categoría de creatividade e traxectoria persoal, o premio foi para Leopoldo Novoa García, veciño de Meis.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIOS_PROVINCIAIS_CULTURA_2011.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deu a coñecer os nomes dos catro galardoados nos Premios Provinciais á Cultura promovidos por esta administración. Trátase duns recoñecementos, segundo o dirixente provincial, que teñen por finalidade ovacionar o traballo feito no eido da cultura.

    Deste xeito, os catro premios, por valor de seis mil euros cada un, están centrados en catro áreas. A primeira á innovación e vangarda que foi concedido á asociación cultural Agrela pola organización do festival de Cans, en Porriño. Na segunda categoría, á creatividade e traxectoria persoal, o premio foi para Leopoldo Novoa García, veciño de Meis, aínda que con residencia habitual en París.

    No apartado da defensa e promoción de aspectos tradicionais da cultura galega o premio foi concedido a Wenceslao Cabezas del Toro pola súa contribución á música tradicional. Por último, o concello de Cangas recollerá o galardón pola recuperación e posta en valor do patrimonio público.

    Os premios serán entregados no edificio da Deputación o vindeiro 30 de novembro ás oito da tarde.

    Redacción Salnés