A Pobra destinará a achega 2022 do POS a gasto corrente

A POBRA> O Plan Único da Deputación da Coruña destina preto de 300 mil euros ó concello da Pobra. En total, destinarase máis da metade a gasto corrente. O investimento en materia social será de 50 mil euros mentres que o Plan Complementario inclúe dúas obras de alcance como o saneamento no Conchido e o acondicionamento do cruceiro de Abuín.

Na proposta presentada polo goberno municipal da Pobra que se debatía hoxe en pleno figura destinar integramente a achega de 2022 a gasto corrente.

Estas obras centraranse fundamentalmente en rúas do casco urbano como Rafael Dieste, Manuel Murguía e Alexandre Bóveda.

No que respecta ó plan complementario, cunha dotación de 146 mil euros, inclúense dous proxectos de gran envergadura. Un deles, o saneamento do Conchido que suporá a terceira fase da mellora integral do Camiño Real.

O outro proxecto enmarcado no Plan Complementario inclúe tamén unha intervención no eido rural como é a mellora na contorna do cruceiro de Abuín.

Mención aparte merece po POS Social cun investimento de 73 mil eiros, dos cales a Deputación financiará máis de 50 mil. Irán destinados a dar continuidade a tres programas dirixidos a persoas en risco de exclusión social ou situación de dependencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí