Julián Bustelo foi investido novo alcalde de Rianxo

RIANXO> O aprazamento das sesións de investidura na totalidade dos concellos de Barbanza, Muros e Noia, a excepción de Rianxo, fixo que a atención mediática estivera centrada neste municipio. Alí non houbo sorpresas e Julián Bustelo, de Rianxo en Común, foi investido como alcalde. Ábrese así unha etapa de cambio no Concello despois de 12 anos de gobernos de coalición do BNG e do Partido Socialista.

Nun ateigado salón de plenos, e tal e como se agardaba, Julián Bustelo de Rianxo en Común foi investido coma alcalde. Despois da constitución da nova corporación na que tódolos edís xuraron ou prometeron o seu cargo, procedeuse a elección do alcalde.

Os catro grupos con representación municipal decidiron presentar ó seu cabeza de lista como candidato á alcaldía, recibindo cada un os apoios do seu grupo. Foi aí, cando, Julián Bustelo, foi proclamado alcalde ó ser a súa formación a forza máis votada nas eleccións do pasado 28 de maio. O novo rexedor recibiu o bastón de mando do alcalde saínte, Adolfo Muíños, despois de doce anos á fronte do Concello. No seu discurso, o novo alcalde tivo palabras de agradecemento para el, de quen destacou a súa entrega nestes anos.

Tamén se referiu a que a partir de agora terán a labor de fortalecer o Concello e dar cos medios para reforzar a xestión municipal e poñer as bases para garantir o correcto funcionamento dos servizo, cumprindo tamén cos compromisos adquiridos durante a campaña.

Serán catro anos complicados, nos que Bustelo terá un goberno en minoría composto por tan só por cinco edís de dezasete, polo que deberá buscar acordos puntuais con outras formacións para sacar adiante as políticas municipais, que tanto precisa o Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí