Os emigrantes retornados volveron a mobilizarse polas rúas de Ribeira

    RIBEIRA> A chuvia e o mal tempo non impediu que un grupo de emigrantes retornados, ó redor de medio cento, chegados dende diferentes puntos das comarcas do Barbanza e Muros-Noia volveron esta mañá a saír á rúa. Denunciaban unha vez máis a inxustiza da que son vítimas, ó ter a obriga de declarar as pensións percibidas no estranxeiro, con carácter retroactivo, o que en moitos casos está a supoñer desembolsos de ata vinte mil euros. A protesta de hoxe iniciouse ante a delegación de Facenda en Ribeira, trasladándose posteriormente polas rúas de Ribeira ata chegar á praza do Concello. Provistos de pancartas, chifres e outros obxectos, berraron consignas en contra dos Gobernos Central e Autonómico. Non pararán coas súas protestas ata conseguir que se eliminen os expedientes sancionadores e os correspondentes intereses de demora.