Ribeira traballa na busca da ubicación definitiva para o futuro centro de saúde

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, baralla varios terreos no casco urbano para ubicar alí o novo dispensario. Concello e Sergas descartan xa a posibilidade de reformar o edificio actual.

Nas próximas semanas o executivo deberá trasladarlle ó Sergas  a ubicación definitiva na que emprazar alí o novo centro de Saúde , unha vez que as dúas Administracións, tanto a Local coma a Autonómica, desbotaran a posibilidade de reformar o dispensario actual.

O Concello ten en mente varios posibles emprazamentos dentro do casco urbano, aínda que a última palabra a terá Sanidade, que deberá dar luz verde ós terreos, para poder ubicar alí o futuro ambulatorio.