Os Bombeiros retoman as protestas polo despido de dous compañeiros

    bombeiroscopy.jpgPONTEVEDRA> O fixeron ás portas da Deputación, xunto a traballadores de toda Galicia, para pedirlle a Louzán que medie no conflito.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_BOMBEIROS_161111.flv{/flowplayer}

    Case un centenar de bombeiros de toda Galicia concentráronse esta mañá ás portas da Deputación de Pontevedra. O obxectivo: pedirlle ó seu Presidente que medie no conflito xerado tralo despedimento de dous compañeiros do parque do Porriño e reclamar a súa estabilidade laboral.

    Con esta nova protesta, retómanse as mobilizacións iniciadas o pasado 11 de xullo. Desde esa data, os bombeiros do parque do Porriño e do Salnés seguen en folga indefinida por algo que consideran inxusto: o despido de dous compañeiros ós que obrigaron, segundo nos explicaron, a pasar un proceso selectivo, que xa aprobaran, para dicirlles finalmente que non eran aptos. Por iso, ademais de ofrecer só os servizos mínimos, hoxe retomaron as protestas.

    Hoxe, bombeiros de toda Galicia concentráronse diante da Deputación para pedirlle ó seu presidente que medie neste conflito xa que, resaltaron, aínda que o servizo o xestiona unha empresa privada, está pagado con cartos públicos.

    Pola súa banda, o Presidente da Deputación, adiantou que os vai escoitar pero que o destacable non é que dous compañeiros non pasasen o proceso de selección senón que nos últimos anos se creou unha gran empresa.

    Polo momento, os Bombeiro entregaron por rexistro un escrito dirixido a Rafael Louzán achegándolle as súas peticións.

    Redacción Salnés