Boiro Novo demanda a reactivación da concentración parcelaria

    BOIRO> Boiro Novo demanda a reactivación da concentración parcelaria nas parroquias do rural. A culminación deste proceso, que leva catro anos, suporía un importante factor de dinamización económica poñendo en valor o agro. O deputado de AGE, Antón Sánchez, desprazouse ata Boiro para apoiar a candidatura da nova formación e demandar á Xunta de Galicia e ós concellos, nos aspectos que sexan da súa competencia, a impulsar o rural para favorecer a implantación de xente nova no agro.