O Museo do Gravado homenaxea á figura de Castelao con dúas exposicións

    RIBEIRA> Este venres inaugurábanse no museo do Gravado de Artes en Ribeira dúas exposicións coas que se pretende render unha homenaxe a Castelao, un dos nosos artistas máis universais. As mostras pertencen a dous artistas non galegos, Florencio Maíllo e José Fuentes, que aportan unha visión foránea do autor do ‘Sempre en Galiza’. As instalacións do Museo do Gravado de Artes quedáronse pequenas para acoller este mediodía o acto de inauguración de dúas exposicións, coas que a Fundación do museo ribeirense pretende renderlle unha homenaxe a un dos artistas galegos máis universais como é Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Neste caso trátase de dous artistas non galegos: Florencio Maíllo e José Fuentes, os dous profesores da Universidade de Salamanca, que aportan unha visión foránea do autor do ‘Sempre en Galiza’. Florencio Maíllo expón os seus polípticos: Castelao e os cruceiros, mentres que José Fuentes: Castelao: imaxes e arquitectura. Aproveitouse o acto precisamente para asinar un convenio entre a propia Fundación do Museo e a Universidade de Salamanca para futuras colaboracións.As dúas exposicións poderán visitarse nas instalación do museo ribeirense ata finais de ano.