O Porto de Vilagarcia aproba a obra de mellora da explanada de Ferrazo

    VILAGARCIA> O Consello de Administración da Autoridade Portuaria ven de acordar na asemblea desta tarde aprobar o proxecto de construcción da… {flowplayer}images/salnes/consello_administracion_porto_.flv{/flowplayer} … obra de Mellora Portante da Explanada de Ferrazo. Esta actuación de redacción do proxecto e execución dos traballos levaraa a cabo a empresa Sacyr por un importe de 4.7 millóns de euros. Esta obra conta cun prazo de execución de sete meses e medio que comezarán a partires da vindeira semana. Neste Consello tamén se deu conta doutros tres asuntos de vital importancia para a rada vilagarciá. No tocante ó dragado do Canal de entrada e círculo de manobra, que supuxo unha inversión de catro millóns e medio de euros, incrementouse o calado no peirao do Ramal ata os 8 metros de fondo, cun ancho de 210 metros na zona máis estreita, e uns 10 metros no canal de entrada ó porto e círculo de manobra. Asemade, a nova Presidenta Portuaria tamén fixo balance dos últimos tráficos do porto vilagarcián: o tránsito total de mercadorías subiu un 7,9% con respecto ó ano pasado, especialmente no que se refire ós graneis líquidos, ó alumnio, a urea e a pasta de papel. Este incremento débese en gran parte ás expectativas xeradas co transporte de contedores. Un tráfico que se verá incrementado sen dúbida unha vez que finalicen as obras na explanada de Ferrazo, antes citadas; que van a posiblitar, por exemplo, que se dispoñan novas grúas e que se poidan almacenar contedores ata cinco alturas nunha explanada moito máis ampla e operativa. Redacción Salnés