CAMBADOS> Este sábado dispútase en Cambados un dos encontros máis agardados do ano. O Establecimientos Otero recibe ó Marín co liderato do grupo en xogo. Van tan só catro xornadas de liga, pero a supremacía do baloncesto pontevedrés, está en xogo.
Chega o primeiro gran encontro do ano na Liga EBA e probablemente un dos derbis máis interesantes dos últimos tempos entre Establecimientos Otero e Marín Peixegalego. Xóganse o título simbólico de mellor equipo da provincia.
Ambos conxuntos acuden invictos á cita, son segundo e terceiro porque xa lles tocou pasar a xornada de descanso, ós de Quino Salvo veñen de facer o parón a semana pasada.
Os locais terán do seu lado o factor cancha, que xa lles valeu para vencer ó mesmo adversario o ano pasado nun final de auténtico infarto. As boas sensacións que está a deixar o equipo teñen que ser refrendadas agora ante un rival de entidade. Ata o momento os de Yago Casal sacaron os seus partidos adiante con facilidade, por 17 puntos de media. O problema é que esta semana andan tocados figuras importantes como Alberto Rodríguez, Berni Castillo ou o propio Juanchi Orellano. Sen embargo non está en perigo o concurso de ningún deles.
O Marín destaca polo longo banquiño do que dispón. Quino Salvo conta con dez xogadores ós que rota continuamente e que imprimen un alto ritmo de xogo. Mantén boa parte do potente bloque que o ano pasado case lle leva a ascender a LEB Prata e reforzouse cun pívot de calidade como Joseba Aramburu.
Trátase do equipo da liga que menos balóns por partido perde. Tan só 7 , polos 15 por exemplo do Xuven. Iso sí, son o conxunto que máis faltas comete, algo que non lle impide ser a mellor defensa.
A favor dos de Quino Salvo, que xa se enfrontaron a dous dos teóricos equipos fortes da liga como Fidalgo Vecino e Recinor Ferrol e a ambos os superaron por 15 puntos de diferencia.
Os marinenses chegan con todo, se ben Adrián Rodríguez, cunhas molestias, adestrouse a menor ritmo que o resto.
O encontro entre Xuven e Marín dará comezo ás 18:00 do sábado, no pavillón do Pombal.
Redacción Salnés