A ILLA> As obras de ampliación da lonxa de A Illa de Arousa están practicamente rematadas. Esta mañá, as instalacións recibiron a visita da Conselleira do Mar, que comprobou sobre o terreo que os traballos xa están finalizados. O patrón insular, pola súa banda, aproveitou o encontro para solicitar á Xunta que dote o novo espazo de equipamentos para gardar o marisco capturado, cando non sexa vendido na propia xornada. A Consellería do Mar dá por finalizados os traballos de ampliación da lonxa de A Illa de Arousa. A petición da confraría, o novo espazo de máis de 100 metros cadrados acollerá varios depósitos para almacenar o marisco que non sexa vendido na propia xornada. O espazo está finalizado pero aínda haberá que dotalo de equipamento. O patrón aproveitou a visita da Conselleira para trasladarlle a súa solicitude. Quintana recolleu a demanda de Rial, e comprometeuse a mercar estes equipamentos cando a Consellería dispoña do novo orzamento. Un momento para o que non hai unha data segura. A ampliación da lonxa contou cun orzamento de 370 mil euros. Ademais da ampliación da zona de poxa, os traballos construíron un vestiario, unha sala de lavado de neoprenos e un almacén, que ocupan unha superficie de máis de 70 metros cadrados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/quintana_visita_lonxa_illa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/07/quintana_visita_lonxa_illa.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas