Unha alcaldesa de 11 anos toma o relevo de Fole por un día

    fotoplenoinfantilcopia.jpgVILAGARCÍA> Vinte e un rapaces de sexto de primaria, dun total de 5 colexios do municipio, convertéronse por un día en concelleiros.

    {flowplayer}images/salnes/PlenoInfantilVilagarcia.flv{/flowplayer}

    O reparto dos 21 concelleiros fíxose, como non podía ser doutro xeito, de maneira equitativa. Os colexios con máis alumnos; que son Sagrada Familia e San Francisco estiveron representados por 5 edís, con 4 Vilaxoán e Rosalía de Castro e tres concelleiros tivo o de Rubiáns.

    Todos eles foran escollidos previamente nos seus centros e unha vez aquí, diante dos seus electores, xuraron ou prometeron o seu cargo.

    Xa no seu escano tocou escoller ó presidente da corporación, neste caso presidenta. A alcaldesa recibiu o bastón de mando e sentouse no sitio que corresponde o seu cargo.

    Unha vez chegada ó poder toca poñer en marcha as promesas electorais. O tema central do Pleno deste ano foi o Medio Ambiente.

    Tamén estivo presente esta mañá o alcalde, Tomás Fole que destacou a importancia da cercanía da política.

    Redacción Salnés