O respaldo ó PP traduciuse en 35.671 votos na Provincia de Pontevedra

    concellos_eleccionscopy.jpgPONTEVEDRA> Cabe resaltar o concello da Illa de Arousa onde o Partido Popular gañou por seis votos ós socialistas.

    {flowplayer}images/salnes/RESULTADOS_POR_CONCELLOS.flv{/flowplayer}

    A vitoria do Partido Popular non só foi a nivel nacional tamén se falamos en termo local. Os populares conseguiron superar en número de votos ó Partido Socialista nos 62 concellos da provincia de Pontevedra.

    Os do PP recibiron un respaldo maioritario que se traduciu en 35.671 votos, uns 3.500 máis que nas anteriores eleccións xerais. Pola súa banda, os socialistas non conseguiron ser a forza máis votada en ningún caso mesmo naqueles municipio nos que no 2008 gañaran con certa diferenza. É o caso de Vilagarcía, A Illa de Arousa e o Grove.

    No caso da Illa a vitoria foi máis axustada por unha diferenza de só seis votos, mentres que o BNG obtivo só 327 votos. No concello meco, os populares melloraron os seus resultados con 2.700 votos, 213 máis que fai catro anos; mentres que o PSOE perdeu máis de novecentos votos e os nacionalistas pasaron de 927 a 794 votos.

    Se falamos da capital da provincia, en Pontevedra, os socialistas levaron un duro pau xa que perderon case sete mil trescentos votos mentres que o PP gañaba case mil e o BNG gañaba case dous mil cen votos.

    Noutros concello coma, Sanxenxo, Meaño ou Cambados o Partido Popular tamén revalidou a maioría das pasadas municipais.

    Pero o partido que máis subiu en votos foi Esquerda Unida, formación que case dobrou os seus apoios en cada concello se se teñen en conta os resultados do 2008.

    Redacción Salnés