![]()
VILAGARCIA> Arousa contará cun Centro de día, vencellado ó Hospital do Salnés. Nesta infraestructura, de arredor duns 150 metros cadrados, …
{flowplayer}images/salnes/hospital_dia_salnes.flv{/flowplayer}
…atenderanse ós pacientes con doenzas que precisan semanalmente atención hospitalaría, e que arestora están sendo desprazados a Pontevedra. A súa capacidade será a de atender entre os 20 ou 30 pacientes diarios. Esta obra xa conta cun borrador e está reflectida no plan funcional. Arestora haberá que agardar a contar cos terreos suficientes á disposición da Consellería de Sanidade para que os técnicos poidan redactar o proxecto e sacar a obra a concurso público durante o vindeiro ano.
No antedito plan funcional do Hospital do Salnés tamén se recolle a necesidade de poñer en marcha unha unidade de UCI postquirúrxica e un apartado con camas para pacientes críticos. Asemade, crearanse tres novos quirófanos ata contar con seis: cinco deles de cirurxía programa e un de urxencias.
Nesta comparecencia, o Xerente de Xestión Integrada do Sergas e o Xerente Executivo do Hospital do Salnés salientaron a vontade firme, tanto da Consellería de Sanidade por ampliar e mellorar este Hospital do Salnés, que non estará supeditado á área Sanitaria de Pontevedra. Esta coordinación fará posible melloras como a de crear unha maior área de xestión de compras e compaxinar os medios en cada lugar, posto que aseguran que non é posible nin positivo contar con tódalas especialidades en tódolos centros hospitalarios se non hai unha masa poboacional que posibilite unha frecuencia de actuación rendible.
Desde a Dirección do Hospital do Salnés tamén aseguran ter posto sobre a mesa á creación dun novo centro de Saúde en Vilagarcía, que posiblemente podería estar ubicado na parroquia de Sobradelo.
Redacción Salnés









