Unha senda unirá Vilanova con Lobeira a través das diferentes parroquias

VILANOVA> O concello de Vilanova sinalizará a ruta que transcorre dende o centro da vila ata o monte de Lobeira. O goberno creará ademais outra senda para unir todas as parroquias do municipio. O percorrido non só beneficiará aos veciños, tamén porá en valor todo o patrimonio de Vilanova.

O concello de Vilanova continúa coa súa aposta por potenciar o turismo e presenta un proxecto para sinalizar a senda dende o centro da vila ata Lobeira. Coa súa nova proposta,  ademais, permitirá mellorar a seguridade para os veciños que se despracen a pé ou en bicicleta dende as parroquias ata o centro da localidade.

O concello creará o tramo de senda que falta para poder unir todas as parroquias a través deste sendeiro.

A sinalización comezará un panel nos extremos da ruta que explicará a importancia de Vilanova como porto Xacobe. Transcorrerá polos diferentes núcleos ruaris sinalizando ademais os elementos etnográficos.

Con esta senda os veciños das parroquias poderán acceder á vila con máis seguridade.

Este novo proxecto beneficiará aos veciños e permitirá aumentar a oferta turística do concello. A ruta porá en valor todo o patrimonio de Vilanova e, ademais, permitirá dinamizar os núcleos rurais do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí