VILANOVA> A Galicia Wine Academy organiza en Vilanova un curso de introdución aos viños do mundo. O talle está destinado a profesionais do sector como hostaleiros ou distribuidores. O curso permitirá aos participantes obter máis coñecementos de diversos viños e aumentar a oferta nos seus negocios.
A comarca do Salnés non deixa de especializarse no sector vitivinícola. Cada vez son máis os establecementos que ofrecen unha ampla variedade de viños na súa carta. Para aumentar estes coñecementos, a Galicia Wine Academy está desenvolvendo un curso de introdución aos viños do mundo en Vilanova.
O curso está organizado por Forma Consultora e o Concello de Vilanova nas instalacións do centro de desenvolvemento local. Os 15 participantes obterán coñecementos sobre a elaboración e as características de viños de diferentes partes do mundo.
Dende Galicia Wine Academy destacan a implicación do alumnado e o interese por coñecer novos viños.
Unha implicación e un coñecemento que cada vez aumenta máis na cormaca do Salnés.
O curso celébrase cada luns e ten unha duración de cinco semanas. Nas vindeiras clases, o alumnado poderá degustar viños máis coñecidos como os portugueses e franceses e outros máis descoñecidos pero de gran calidade como os alemáns e italianos.