O pleno insta á Xunta a consensuar o PRUX das Illas Atlánticas co sector

    pruxillasatlanticas100.jpgRIBEIRA> O pleno aprobou unha proposta conxunta instando á Xunta a contar co sector pesqueiro na elaboración do PRUX do Parque das Illas Atlánticas.

    {flowplayer}barbanza/pruxillasatlanticas.flv{/flowplayer}

    Centos de mariñeiros traballan a diario nas inmediacións de Sálvora e Sagres. Mariscadores ó percebe, á navalla ou á ameixa e embarcacións dedicadas á pesca con palangre, nasas, aparellos e todo tipo de artes que permiten a captura das máis variadas especies durante todo o ano, especialmente no inverno cando os temporais obrigan a traballar ó abrigo das Illas.

    Trátase dunha das áreas de pesca máis ricas polo que os propios produtores son os primeiros interesados en coida-los recursos e impedir a sobreexplotación.

    Aplicación do decreto de artes

    É por isto que non entenden a intención da Xunta de limitar a actividade pesqueira en lugar de desenvolver o decreto de artes pesqueiras, consensuado co sector e suficiente para garantir a pesca racional na contorna das Illas.

    As confrarías son partidarias dun PRUX de terra que limite as visitas ás Illas pero consideran que na mar, non hai mellor plan de usos que o aplicado polos propios mariñeiros que nos últimos anos mesmo ten contribuído a incrementar a súa produtividade.

    Redacción Barbanza