Ravella bota man de colaboracións externas para o programa de Nadal

    ptac_nadal_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> De 36.000 euros cos que se contou o ano pasado para o alumeado de Nadal, Vilagarcía disporá nesta ocasión de só 10.000.

    {flowplayer}images/salnes/programacion_nadal_villa.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> De 36.000 euros cos que se contou o ano pasado para o alumeado de Nadal, Vilagarcía disporá nesta ocasión de só 10.000. Isto dálles para adornar só dez zonas da cidade, o resto correrá a cargo do comercio e hostalería local, que tamén ambientarán as rúas centrais con música. E ademais, Con Eles e Fundación Lar encargaranse de decorar o parque de Ravella e a Casa Consistorial.

    O Concello botou nesta ocasión man de colaboracións externas para deseñar o seu programa de Nadal. Unha fórmula que lle permite, con menos cartos, manter actividades tradicionais como a toma das uvas.

    Este ano as uvas volveranse a tomar na praza de Ravella, porque a de Galicia estará ocupada durante todo o Nadal cun carrusel e con obradoiros para os nenos. Actividades que comezan xa este sábado e durarán ata o 5 de xaneiro.

    O programa de Nadal de Vilagarcía arranca este sábado co Mercadiño que organiza Zona Aberta na praza de Galicia. Ás nove menos cuarto da noite acenderase o alumeado e ademais Zona Aberta e Ahituvi farán un caldo de Nadal.Tamén inclúe unha festa para maiores o día 18, a cabalgata de Reis, un concerto da Banda Municipal, e títeres e teatro infantil no Auditorio.

    Redacción Salnés