Ribeira acolle as VII Xornadas Saudables en colaboración coa Escola Galega de Saúde

RIBEIRA> O concello de Ribeira volve poñer en marcha as Xornadas Saudables en colaboración coa Escola Galega de Saúde. Darán comezo o 13 de abril e abordarán a saúde dende distintas perspectivas como a resolución de conflitos, a alimentación ou a xestión da dor.

Nesta sétima edición, as xornadas saudables de Ribeira abordarán temas tan variados como a alimentación, a resolución de conflitos ou á adicción ás novas tecnoloxías. Precisamente ese será o tema da primeira das conferencias que impartirá o psicólogo sanitario José Luís Castro Feijoó o 13 de abril. O día 20 terá continuidade o obradoiro de primeiros auxilios xa iniciado en marzo a cargo de Carlos Prados e o 27 de abril Ana Martínez Lorente impartirá un obradoiro de alimentación saudable.

As xornadas rematarán o 11 de maio  cuha ponencia sobre resolución de conflitos  a cargo de Miguel Ángel Gómez Vázquez.

Tódalas sesións desenvolveranse no centro cultural Lustres Rivas, entre as catro e emdia e as oito e media da tarde,. é preciso inscribirse previamente nas dependencias de Servizos Sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí