Manu Barreiro dálle a victoria ó Pontevedra en Sanxenxo

SANXENXO> A calidade do dianteiro granate decidíu en Baltar de Arriba (0-2). Fixo un tanto e asistíu noutro. O Sanxenxo aguantou o empate durante 72 minutos, se ben nunca inquietou á portería visitante.

{flowplayer}images/salnes/Sanxenxo_071211.flv{/flowplayer}

Preto de mil persoas déronse cita onte en Baltar de Arriba, a mellor entrada ata o momento na curta historia deste campo. Faría boa caixa o Sanxenxo, aínda que moitos afeccionados preferirían que o seu equipo tivera gañado ó Pontevedra.

A misión antollábase imposible, non polo potencial dos granates senón polo mal momento que travesan os de Calucho.Tres cuartos de partido aguantou o Sanxenxo coa portería a cero ante un Pontevedra que optou polo xogo directo, demostrando o pouco futbol que ten.

O gol que abríu a lata chegou no 27 do segundo tempo, nun corner botado dende a esquerda que remata Manu Barreiro en primeira instancia, e logo desvía co calcaño a gol Richi, en posición dubidosa.

O Sanxenxo ata o momento tampocuo merecera máis que o empate, porque se ben mantivo un bo nivel defensivo, en ataque pouco amosou. O primeiro gol foi psicolóxico e tan só tardou tres minutos en chegar o segundo, obra de Manu Barreiro. O mellor do partido remataba a mellor xogada combinativa do encontro.

Diego Blanco tivo despois a mellor ocasióon para os locais nun intento de vaserlina que sacou un defensa sobre a liña de gol. Ó final 0-2 en Baltar.

O Sanxenxo xa é último na xeral debido á victoria do Lalín en Betanzos. Precisamente os de Calucho pecharán a primeira volta no Cortizo ante o Lalín.

Redacción Salnés