Esta fin de semana arranca a V edición do Torneo de Fútbol 8 de Porto do Son

PORTO DO SON> O campionato, que está organizado polo club local, o Porto do Son CF, en colaboración co propio concello, disputarase no estadio municipal Emilio García. Esta mañá presentábase oficialmente a quinta edición do Torneo de Fútbol 8 organizado polo Porto do Son CF, en colaboración co propio concello. Os encontros correspondentes á categoría prebenxamín e benxamín, disputaranse xa esta fin de semana, o sábado e o domingo, respectivamente, mentres que os da categoría alevín terán lugar o próximo 16 de maio. No torneo hai inscritos uns trinta e seis equipos, unha cifra lixeiramente inferior á de anos anteriores, a maioría deles pertencentes á delegación santiaguesa. Dende o concello destacaron a importancia deste torneo, que co paso dos anos se está a converter xa nun clásico do fútbol base na comarca. Tamén a organización do torneo quixeron agradecerlle ó concello, así como tamén ó resto de empresas patrocinadoras, a colaboración prestada, xa que sen a súa inestimable axuda sería impensable poder desenvolver este campionato.