A Deputación renova o convenio das Escolas Deportivas

PONTEVEDRA> O deporte de base volverá a ser unha das prioridades da Deputación de Pontevedra. Grazas a un convenio de colaboración…

{flowplayer}images/salnes/escolas_deportivas_deputacion.flv{/flowplayer}

… que ven de renovar este goberno provincial, as escolas deportivas terán continuidade no curso 2012-2013 en corenta e nove concellos da Provincia.

Un gran esforzo económico que intenta crear unha ampla canteira de deportistas. Nesta nova quenda, a Deputación engade a modalidade de piragüismo; integrada por algo máis de oitocentos nenos de 26 clubs; 5 deles de augas bravas e os 21 restantes de pista.

Amais, en breve, o organismo provincial incorporará unha nova arte marcial ás súas actividades: o taekwondo; outro deporte que se agarda que veña a incrementar a impresionante progresión destas escolas deportivas, desde a súa fundación no 2007.

Estas actividades continuarán sendo de balde para os cativos. Amais o ente provincial dotaráas de novo material e mellorará o seu contido, ó tempo que ofrece equimanento de deportes ós usuarios a prezos asequibles.

Redacción Salnés