O Cortegada afronta o trámite de Gaudalajara

VILAGARCÍA> O Cortegada visita a cancha do Guadalajara, o derradeiro clasificado do grupo. As vilagarciáns parten como claras favoritas para sumar a sexta victoria da temporada ante un cadro manchego que aínda non coñece o triunfo.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_081211.flv{/flowplayer} 

Por primeira vez este ano o Thetrend Social Cortegada xogará en domingo. Será ás 12:30 no Polideportivo de San José, pista do Guadalajara.

Todo o que non sexa traerse unha victoria sería unha sorpresa maiúscula. O conxunto machego é un clásico nesta categoría. Afronta a súa undécima campaña consecutiva en Liga Femenina 2 despois do seu descenso en 2001. Destaca sobre o resto pola súa desastrosa campaña e estase a amosar moi inferior ós demais. É o equipo que máis puntos recibe e o que menos anota, só fai 45 por encontro. Ten ademais unha gran carencia no rebote e perdeu os sete partidos que disputou, catro deles por 40 puntos ou máis. A mellor do equipo, a escolta Vanesa Blanco, que promedia 11 puntos por partido.

Por todo, o gran rival das vilagarciáns serán elas mesmas. Así o apuntaban esta semana en dx7 o adestrador Pepe Vázquez e a escolta Salomé García.

No Cortegada as cousas non poden ir mellor despois de terse imposto o venres pasado ó Uni Tenerife por 30 puntos de diferencia e sumar a quinta victoria da temporada. As vilagarciáns non queren errar en Guadalajara para logo afrontar con forzas o derradeiro partido do ano ante o Cáceres, a revelación da liga.

Redacción Salnés