Todo listo en Boiro para acoller os Campionatos de España de Duatlón por clubs e relevos

BOIRO> A cita deportiva estaba prevista incialmente para o dez e once de marzo pero tivo que ser aprazado por mor do mal tempo. Ó redor duns 1500 deportistas chegados dende diferentes clubs de todo o ámbito nacional tomarán parte mañá nos dous campionatos de España de Duatlón que se celebrarán en Boiro, tanto o de clubs coma o de relevos. As dúas probas foran aprazadas a fin de semana do dez e once de marzo a consecuencia da chegada da borrasca Félix. Está previsto que as competicións dean comezo o sábado á unha da tarde coa segunda división, disputándose a primeira a partir das catro da tarde. O domingo celebrarase o campionato de terceira división a unha única xornada, do que sairán os clubs que ascenden a segunda. A partir da unha da tarde, disputarase a proba de relevos mixtos, unha nova categoría neste campionato nacional que se estrea en Boiro.