
… Ribera.Isaac Fernández móstrase porén relaxo coa ausencia da xogadora americana. Aliviados, esta é apalabra que repite o técnico do Extrugasa cando se lle pregunta pola decisión da directiva de prescindir da xogadora americana, Meredith Alexis.
A marcha da pívot deixa ó equipo coxo no xogo interior, pero tamén máis tranquilo no vestiario. Meredith Alexis non é a única marcadora da que prescinde o Extrugasa das fichadas para resente temporada. A rusa Victoria Sholokhova tamén deixa o equipo pero resalta o adestrador por motivos ben distintos.
A cita de mañá no Fontecarmoa é probablemente a máis importante desta fase de grupos da Eurocup para o equipo vilagarciá. Con só tres pívots no vestiario, o Extrugasa enfróntase mañá a un rival que llo vai poñer por difícil para poder conseguir a segunda praza da clasificación. As italianas do Banco di Sicilia Ribera poden presumir dos seus bos resultados na liga italiana, onde non paran de sumar vitorias. Isaac Fernández vai botar man para o partido de mañá de dúas xogadoras das junior, Andrea Ríos e Arantaxa Mallou.
Redacción Salnés