BOIRO> O éxito da primeira edición foi unha das principais razóns que levou á organización a preparar unha segunda cita deste torneo solidario.
Será o sábado 29 deste mes de xuño nas instalacións deportivas de Vista Alegre.
Na competición tomarán parte un total de oito equipos que representan a cada unha das parroquias de Boiro.
Como acontecera na primeira edición do torneo, todo o recadado irá en favor de ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
Coa iniciativa tamén colabora o Concello, de onde animan a acudir ese día a Vista Alegre e participar deste evento cun marcado carácter solidario.
Dende a organización animan a colaborar coa causa, a través da compra de rifas que xa están á venda para o sorteo de agasallos con produtos doados por entidades colaboradoras, ou mediante as doazóns que se poden realizar nas huchas existentes en diversos establecementos de Boiro.