Unha representación teatral a beneficio de Proxecto Home

    TEATROcopy.jpgCAMBADOS> A obra será representada mañá ás sete da tarde no Auditorio da Xuventude da man da Escola de Teatro Valle Innova de Vilanova.

    {flowplayer}images/salnes/TEATRO_PROXECTO_HOME.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, presentou xunto ó presidente de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, a obra de teatro ‘Próxima Estación’ que acollerá mañá o Auditorio da Xuventude. Grazas a esta iniciativa, posta en marcha pola escola de teatro Valle Innova, todo o que se recade coas entradas irá destinado a esta asociación.

    A obra de teatro ‘Próxima Estación’ será representada mañá ás sete da tarde no Auditorio da Xuventude de Cambados. Os seis euros que custará cada entrada irán destinados ós fondos de Proxecto Home Galicia. O seu presidente confesou que cando lle presentaron a iniciativa lle pareceu unha moi boa idea.

    Por iso, Ramón Gómez só tiña palabras de agradecemento para esta escola de teatro. Palabras ás que se sumou o alcalde de Cambados. Este sinalou que actividades destas características axudan non só a sensibilizar ó público senón tamén a darlle unha maior proxección ó traballo que fan desde Proxecto Home.

    Redacción Salnés