Queremos Galego recolle firmas en contra do decreto do PP

    queremos_galego100.jpgVILAGARCÍA> Queremos Galego inicia a recollida de sinaturas para presentar unha Iniciativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos.

    {flowplayer}images/salnes/queremos_galego4.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Plataforma Queremos Galego iniciou a súa recollida de sinaturas para levar a cabo unha Iniciativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Esta mañá a mesa de recollida estivo en Vilagarcía.

    A Xunta de Galicia rexeitou a tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular presentada por Queremos Galego. A Plataforma presenta agora unha Iniciativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos, que se lle trasladará aos grupos parlamentarios para que a presenten no Parlamento. Quince mil, serían as sinaturas mínimas precisas para poder sacar adiante unha Iniciativa Lexislativa.

    A semana pasada a Plataforma Queremos Galego, estivo recollendo sinaturas en Cambados, hoxe en Vilagarcía e o xoves en Sanxenxo. Rematarán a finais de xuño, pero as mesas de recollida só estarán ata a véspera do Día das Letras Galegas. Para sufragar os gastos da campaña, Queremos Galego ten á venda camisetas e bonos a dez euros.

    Redacción Salnés