A Xunta cita a Durán para falar da tramitación dos terreos do Hospital

    duran_xuntacopy.jpgSALNÉS> Así o anunciou esta mañá o Presidente da Mancomunidade do Salnés. E engadiu que irá a esta reunión, pese a non estar moi conforme.

    {flowplayer}images/salnes/gonzalo_terreos_hospital.flv{/flowplayer}

    O presidente da Mancomunidade do Salnés reunirase o luns en Santiago co director xeral de Recursos Económicos do Sergas. A reunión foi convocada por Sanidade para facer seguimento á tramitación da cesión de terreos para a ampliación do hospital do Salnés.

    Así o fixo público esta mañá Gonzalo Durán. O presidente da Mancomunidade comunicaralle que xa teñen un acordo para comprar os terreos necesarios para o edificio e que están negociando os que se precisan para o aparcamento. Tamén que a Mancomunidade aprobou en pleno unha partida dentro do presuposto de 2012 para este asunto.

    Gonzalo Durán indicou que irá a esta reunión, pese a non estar moi conforme. Total Na carta remitida ó presidente da Mancomunidade tamén se sinala que na reunión do luns se lle exporá o Plan Funcional xa rematado e se propoñerá o calendario de actuación para a exposición do Anteproxecto de construcción.

    Redacción Salnés