Operación Zapatos: Ingresa en prisión Ramón Baúlo

    ramonbaulo_1_100_030506.jpgCAMBADOS > A Garda Civil mantén aberta a investigación en torno ó alixo de cocaína incautado en Ponteceso na Coruña e que xa conlevou a detención de catro persoas. O último detido, o cambadés Ramón Baúlo, que pasou a disposición xudicial en Cambados.

    ramonbaulo_300_030506.jpgO cuarto detido polo alixo de 2.000 quilos de cocaína incautado en Ponteceso o domingo, Ramón Baúlo Sineiro, pasou hoxe a disposición do Xulgado de Instrucción Número 2 de Cambados. Baúlo Sineiro, do clan de narcos ‘Os Caneos’ foi detido pola Policía Nacional nunha operación na que tamén caeron o fillastro de Laureano Oubiña, David Pérez Lago, Vicente Maneiro Dios e Ricardo Cores Chazo, que xa se atopan en prisión. Baúlo Sineiro acudiu ás dez da mañá a Cambados para comparecer no Xulgado de Instrucción número 2 que, xunto coa Policía Nacional, iniciara a investigación e seguimento sobre unha rede de arousáns da que podería formar parte este cambadés, e dedicada ó tráfico de drogas. A operación segue aberta e non se descartan novos arrestos, xa que a Garda Civil continúa buscando a outros cinco presuntos narcotraficantes que permanecen fuxidos. Trátase de membros dunha banda que intentou introducir uns 6.000 quilos de cocaína en tres planeadoras e a través da costa de Fisterra.

    Redacción Salnés