A Mancomunidade do Salnés presume de Rutas Xacobeas en Fitur

MADRID> A Mancomunidade do Salnés centrou o seu paso por Fitur nas súas rutas xacobeas. O organismo comarcal completou a súa presentación cun novo vídeo de Floreano e Monchiña. A presenza en fitur, permite á mancomunidade reunirse con representantes doutros países e aumentar a súa promoción internacional.

Como cada ano, a mancomunidade do Salnés non faia á súa cita en Fitur. O organismo comarcal centra parte dos seus traballos na promoción turística da comarca e a feira de Madrid é un escaparate inigualable. A mancomunidade presentou en Fitur as súas rutas xacobeas.

O obxectivo é que a xente coñeza que a Ría de Arousa é a orixe do Camiño de Santiago.

A promoción do camiño tamén ten como obxectivo que a xente se achegue ao Salnés e coñeza toda a comarca e a súa oferta turística.

A presenza en fitur tamén permite á mancomunidade reunirse con representantes doutros países e ampliar a súa promoción internacional.

As expectativas de turismo da mancomunidade do Salnés para este ano son moi boas. Se a pandemia o permite, coa celebración do Xacobeo e a chegada do ave a Galicia, dende a mancomunidade agardan superar os seus récords de visitas.

Trala celebración de Fitur. O 2022  promete ser un bo ano para que todo o mundo camiñe a Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí