Descubrir a vida dos antergos no xacemento de Monte de Castro

xacementoribadumia copia.jpg RIBADUMIA> Concello e Deputación de Pontevedra organizan unha exposición, obradoiros e visitas guiadas á escavación como alternativa de lecer este Nadal.

{flowplayer}images/salnes/DESCOBRE_MONTE_CASTRO.flv{/flowplayer}

Coñecer como vivían os primeiros poboadores do Salnés. É unha das propostas de lecer que nos ofrece para este Nadal o concello de Ribadumia. Esta, e a de comprobar os progresos que se está a realizar no xacemento arqueolóxico de Monte do Castro.

O programa de actividades componse de tres módulos. Unha exposición con paneis temáticos nos que se explica de xeito ameno como vivían os poboados castrexos. Ademais, nesta mesma mostra, tamén se poderán ollar réplicas dalgún dos obxectos descubertos no xacemento. En segundo lugar impartiranse catro obradoiros temáticos, un por día e que irán rotando, sobre a escavación, o mundo da guerra, o traballo do metal e a alimentación. E por último, as visitas guiadas ó castro.

Estas visitas realizaranse en horario de mañá. O programa ‘Descobre Monte do Castro’ botará a andar este venres e alongarase ata o 5 de xaneiro. Tódalas actividades son gratuítas e abertas a todo tipo de público. Se desexan máis información poden contactar cos organizadores a través dos teléfonos 986 80 41 00 ou 986 71 84 91.

Redacción Salnés