Un autocar derruba pare dunha vivenda en Ponte Goiáns

BOIRO> A pesar da aparatosidade do accidente, non houbo que lamentar danos persoais.

Esta mañá aínda podían verse as marcas do accidente.  O suceso causou unha gran alarma entre os veciños de Ponte Goiáns. Non tódolos días un autobús derruba parte da túa vivenda.

O suceso producíase ó redor das sete da tarde, na estrada AC-305. Por causas polo de agora descoñecidas, un autocar, no que só ía o condutor, saíuse da vía, colidindo en primeira instancia contra unha vivenda e posteriormente contra outro vehículo estacionado no mesmo arcén, que acabou esnaquizado ó bater tamén contra o muro doutra casa. Non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo sinalaron os propios veciños, todo apunta como causa máis probable do accidente, a que o condutor puido perder o control do vehículo debido a un mareo. Ó parecer, as probas de alcol realizadas pola Garda Civil de Tráfico deron negativas.

O suceso quedou finalmente nun susto, pero puido acabar en traxedia, xa que é bastante habitual o paso de peóns pola zona.

Comments are closed.