A Deputación asume a xestión da canceira da Mancomunidade

    almorzo_prensa_arousa100.jpgVILAGARCÍA> A canceira promovida pola Mancomunidade do Salnés, construída xa en Meaño, será xestionada pola Deputación de Pontevedra …

    {flowplayer}images/salnes/almorzo_prensa_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A canceira promovida pola Mancomunidade do Salnés, construída xa en Meaño, será xestionada pola Deputación de Pontevedra e podería dar servizo a máis concellos da provincia.

    Así llo propuxo a Mancomunidade logo de desbotar, por excesiva, a única oferta presentada a concurso, que foi a da Protectora de Cambados, valorada en 150 mil euros ó ano. A Deputación ten previsto ademais dotar á canceira de crematorio.

    Louzán fixo estas declaracións en Vilagarcía no seu habitual almorzo de Nadal coa prensa arousá. O presidente da Deputación adiantou tamén que este organismo estará no Padroado da Fundación Fexdega, que se podería constituír antes de que remate o ano.

    Rafael Louzán fixo balance de actuacións da Deputación no Salnés e Ulla Umia. Entre elas destacou a inminente remodelación que se fará en xaneiro na estrada Caldas – Carracedo – Catoira. Tamén adiantou que buscarán financiamento conxunto para remodelar a praza de abastos de Cambados.

    Redacción Salnés